9 de xuño de 2020

Que será, que será?

🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞

 

Sofi G., que descuberta! :D
Seguro que é un ourizo?
Non será unha castaña xigante 
ou unha pelota de pinchiños?
Tiveches moita sorte de atopalo porque estes pequenos mamíferos prefiren saír á noitiña que en pleno día. Seguro que quedou moi contento co anaco de mazá que lle deixaches🍏😋

Moitísimas grazas polo vídeo e pola foto :D


Aquí tendes algúns dos tipos de ourizos que existen:

Aproveito para poñer un vídeo que sei que vos gusta moito💚


E algunhas das súas curiosidades :)


De pinchos pasamos a cunchas🐌🐌🐌🐌
Parece que Salva e Raúl foron de recolleita!


                                                                                   


     E se iso fora pouco, Martín tamén envía outro vídeo que vos vai sorprender moito! Iso si, mellor será que vos portedes ben porque parece que ten moita fame 😂😂



   Mensaxe de Martín "Hoxe día 26 de abril de 2020 atopamos unha ra. Despois devolvemola a sua charca"

               Quen se atreve co baile do sapo?




Alaaaa, Mateo!🐟🐟
Fuches pescar ou fuches á praza?
Conta, conta!
Que peixe será?
Esas pinguiñas negras que ten.. son unha gran pista, verdade?



Que será, que será?

Xa sabedes que Marcos ten unha pequena horta, e como bo xardineiro que é, está continuamente buscando informacións para melloralo cada día.

Pois a cuestión é que as plantas teñen moitos inimigos que se comen as follas, pero tamén teñen grandes aliados que as axudan a eliminar os pulgóns😋😃

Eiquí van os ovos deste bonito insecto.
Son esas cousiñas amarelas que vedes na imaxe.



Alguén sabe que insecto podería ser?
Por se todavía non o sabedes...
Cando eclosiona o ovo, sae esta larva, pero
é moooi diferente do insecto que chegará a ser! 
Mirade! 



Adiviñastes?

Pois si, é a xoaniiiiiña 🐞🐞🐞🐞😃👏👏
E aquí está o "Mariquitarium" de Marcos 
e un dos seus hóspedes :D


 



Quedouche precioso, Marcos!
Meus parabéns polo teu gran traballo😊

E isto para aprender un chisquiño máis :)








Ningún comentario:

Publicar un comentario