NON á violencia de xénero!
Hoxe puxémonos na pel da persoa
que maltrata e na pel da persoa maltratada. Ao principio non sabiamos moi ben o
que tiñamos que facer e dábanos a risa. Logo, descubrimos que non foi nada
doado interpretar eses roles porque chegamos a sentir a rabia, pero sobre todo
o medo e a tristeza que sinten as mulleres maltratadas.
Na hora de ler tamén
tivemos a sorte de recibir a dúas convidadas de sexto curso, Sara e Julia, que nos contaron unha historia sobre a violencia.
Definitivamente, NON á violencia
de xénero!
Ningún comentario:
Publicar un comentario