19 de xuño de 2020

✨O equipo d@s FANTÁSTIC@S🌟✨

Foi un auténtico pracer traballar convosco
 durante todo este curso💙. Creo que será unha
 experiencia que ninguén de nós esquecerá nunca!

Sodes uns auténticos campións e campioas!

- Pasastes o gran cambio de infantil a primaria.
- Traballastes en equipo día a día.
- Fostes bos compañeiros e compañeiras.
- Fostes moi valentes durante todo o confinamento.
- Aprendestes a ler, a escribir, a sumar, 
a restar e moitas cousas máis!

Estou orgullosísima de tod@s vós!

Aquí tendes unhas últimas preguntiñas por se
 queredes descubrir o marabilloso equipo que
 teño na miña aula💚


.

Para @s que queiran ir direct@s :)




E aquí están as recomendacións lectoras
 de Pataquiña para este verán:

Clica na ligazón:

Recomendacións lectoras de Pataquiña :)


Apertas grandes💚💚



Ningún comentario:

Publicar un comentario