15 de xuño de 2020

🍴 Que hai de MENÚ? 🍴

-RETO DESTA SEMANA-
18-22 de maio

1. Poñer un nome ao voso restaurante



2. Deseñar unha carta con entrantes, pratos,
 sobremesa, bebidas,... e poñer prezos!


3. Elixir un menú completo da nosa carta,
calcular o prezo, 
escribir unha receita
e COCIÑAR!

Rana con un bote de basura stock de ilustración. Ilustración de ...
🐸🐸
CROAC-CROAC
 Minichefs!

Teño moita fame, alguén me prepara algo rico?

Podedes cociñar o que queirades
 porque menos as ancas de ra... 

como de TODO!

CROAC-CROAC



4. Facer un titorial da nosa receita😋

Aquí tendes un exemplo de titorial e 
unha receita moi fácil feita por unha nena. 
Quen se anima a cociñar😋?


E máis exemplos:







Mmmmmm, pero que boa pinta ten a carta do Aravimu!
E ademais está moi ben de prezo!
Chef Arantxa, resérvame unha mesa porque non quero
 quedar sen probar o tiramisú😋




A chef Carmela preséntavos o seu restaurante Serat!
Ten de todo, dende tortilla ata peixe sapo!
Iso si... tendes que aforrar un pouquiño para poder ir,
 pero seguro que está todo delicioooso😋




Aquí a chef Carmela demostra que a súa tarta
 da avoa merece custar eses 34 euros con 11
 céntimos de euro! Hai profesionalidade,
 materia de calidade e un resultado final impresionante😋 






O chef Xoel preparou nada máis e nada menos
 que unha TARTA de MOUSSE de AMORODOS!😱 
Pero que pintaza😋 e que guapo estás de chef!
Espero que pasaras unha boa tarde cociñando
coa túa axudanta Andrea :D

 

Que ben, Xoel! Xa teño postre para hoxe😋!
Puxeches ben a miña rúa no paquete coa tarta😂?

Profe Carol: 
Rúa Equipo 1ºA, nº 23
C.P. Fantástico, Pontevedra.


De tartas pasamos a ovos recheos!
A especialidade estrela da chef Lidia!
 Se queredes probalos, teredes que acudir a
Mandalandia e buscar o restaurante Lidiano
É unha chef con moito ritmo, baila e canta
mentres cociña! 
Seguro que por iso está todo de rechupete😋






Antes de ensinarvos a receita da chef Marina,
mirade o resultado final😋
Entran ganiñas de comelos, verdade?
Espero que cheguen a tempo coa tarta de Xoel
 e os ovos recheos de Lidia😋 



Pois aquí tendes o secreto do restaurante Momi
para facer uns deliciosos Bombiarandis!



Penso que a cara da chef ao final do vídeo...
 demostra o ricos que están estes bombiarandis😂😂😂😂



O noso seguinte chef, o chef Marcos, é dono
 do restaurante Ñam Ñam! Un restaurante que
 levou 3 ⭐⭐⭐ Michelín coa súa receita de Sushi-pan, un prato que tendes que probar sen falta!
Riquísimo e moi ben de prezo! Mirade que carta😋




Aquí temos ao chef Marcos explicando os pasos
 da súa premiada receita. Que boa pinta ten, ñam ñam! 



Outros deliciosos pratos da súa carta.
Chef, resérvame unha mesa!





😋😋😋



Preséntovos o Turlupizzá da chef Saínza!
Ten de todo e a moi bo prezo.
Non atoparedes un lugar máis barato ca este!
Incluso ofrece un menú do día moi completo :D
Co que me gustan a min os espaguetes😋


E aquí está a súa receita con todos os pasos
 que tendes que seguir para que vos saia igual de rica 
ca da chef Saínza😋
Iso si!!! Se non queredes chorar,
 precisaredes unhas gafas de tamaño XXL!😎😂
 Bo proveito😊!



1 comentario:

  1. Cantos futuros bos chefs temos!!
    E unha magoa que non repartan a domicilio ;)
    Moi bo traballo rapaces!

    ResponderEliminar