12 de xuño de 2020

Recitando en GALEGO 🐙🐙

Unha nova entrada para os vosos vídeos en galego.
"BOTÓN GALEGO" en marchaaaaa :D 

Marina, menos mal que o pito vai coxo! 
Co que che gusta a ti o mundo da galiña😂
Encantoume o teu trabalinguas :D
Meus parabéns e un bico grande para ti😚  


Así que Antón ten tinta! Ou tinta ten Antón?
Vaia lea teño! Escolliches un trabalinguas pequerrechiño, pero complicadiño tamén. Está moi ben, Leo C. Meus parabéns!😚



Tin tan ten tin tininín tan ten tan tiiin, este Antón e a súa tinta!! Aquí vai unha toma falsa de Leo C. que finalmente logrou superar coma un campión💪



Catro bois e catro vacas? Pero si eu só vexo un can! 
O canciño Raio :D que boíño parece, verdade?
Fenomenal, Salva! Fixéchelo xenial! 
Meus parabéns!😚




😂😂😂😂😂😂
Encantoume o teu chiste, Xoel!
E falando de pelo, estás guapísimo co teu novo corte :D
Moitísimas grazas por mandar este chiste en galego, 
está mooooi ben!
Meus parabéns e moitos bicos!😚




🐮🐮 Rin moitísimo co teu poema, Saínza!
 Esta vaca peideira 🐄🐄! 
Non o coñecía e fíxome moita graza😂😂
Aquí deixo unha foto do libro para os teus compis por si lles interesa saber o título :)
Moitas grazas por mandar os vídeos😚







Así que emperexilaches!
Coidadiño co perexil, Saínza!😂😂



Laraaaa :D pero que alegría verte por aquí :D
Canto tempo sen verte! Sodes unhas cracks, as dúas! 
Moi ben con ese galego :D
E ademais un chiste e un trabalinguas!


Non tiveches sorte, quedaches coa parte de fóra😂😂
Moitísimas grazas por mandar os vídeos.
Meus parabéns e moitos bicos!😚



Outro pito coxo por aquí🐤🐥🐤
Grazas por mandar o vídeo :D
Moi ben Arantxa, meus parabéns e un bico grande para ti😚



 Micaela! Pero que ben o fixeches! Que velocidade e que ritmo! Ata David ten cara de sorpresa do rápido que vas! 😂😂
Felicidades e moitas grazas polo vídeo😚



 Non haberá home nesta terra que o diga, pero si unha nena de 6 anos de Pontevedra!! Sofi E., está xeniaaal :D Como fas para falar así de rápido?! Non tragarías un guepardo!😂😂
O teu trabalinguas está moooi ben, meus parabéns!😚



Ningún comentario:

Publicar un comentario