29 de maio de 2020

25 de maio "Día de África" 🌍

-RETO DESTA SEMANA-
25-29 de maio


1. Descubrir África



2. Ler a presentación:




3. Contestar ás preguntas:












4. Escoitar e buscar música africana!
Tendes algunhas cancións africanas 
na outra entrada do blog 🎜🎝♫

5. Facer un debuxo bonito dalgún animal,
 río, montaña, habitantes, paisaxes,... de África(tendes algúns exemplos de temas na aula virtual).
Se queredes tamén podedes investigar.

E aquí tendes algúns vídeos informativos :)

O continente africano:


Animais da Sabana:


Animais de África:


Sons dos animais africanos:


O río Nilo:



E seguimos con animais de Africa:



Xa temos as nosas primeiras obras de arte 
de temática africana 😊👏👏🙌

Unha máscara feita coa famosa colección 
de "pelusillas" de Marina.
Chulísima!
E que guapa estás sen dentes😃😊



Seguimos coas obras de Micaela que fixo unha
 paisaxe e unha máscara preciosa😊






Misterio nº1
Equipo, necesito axuuuuuda!
Mandáronme esta foto por correo electrónico, 
pero non teño nin idea de quen é🙈 
Quen será? 
Quen faría esta máscara tan bonita😊?


Que paisaxe africana máis fermosa, Sofi E.😊!


Leo C. tamén fixo un debuxo chulísimo dalgúns
 dos animais que podemos atopar en África😊


Misterio nº2
Equipo, necesito axuda de novo!
Mandáronme outra foto dunha máscara moi
 bonita feita con palillos pintados 😊
 e non sei quen pode ser🙈


Lidia fixo unha investigacióooon😃👏👏
Mirade que interesante e que debuxos
máis preciosos fixo😊!
Investigou a diferenza entre os elefantes
asiáticos (de Asia) e os elefantes africanos (de África).
Cal vos gusta máis?





En serio, sodes tod@s uns artistas!
Mirade que retrato africano fixo Carmela, incrible!
E ademais é un debuxo propio, feito co seu hemisferio dereito😊


Eric tamén fixo unha investigación 😃👏👏
Vaste converter nun crack en informática!
Que animal máis bonito o león branco😊


E tamén mandou unha máscara chulísima e o continente
africano con todos os seus animais típicos😊




28 de maio de 2020

O cascabel da gata😺

O contiño en galego desta semana😺
Onde estará ese cascabel?



Xoel fixo un debuxo moi bonito da gatiña Benita. 
Meus parabéns😘


Sofi E. fixo un debuxo moi chulo dunha das
 escenas do conto. Unha na que Benita, dun
 chimpo, subiu á mesa! Meus parabéns😘 



Salva tamén debuxou á gata Benita co seu bigote. 
Moi bonito, Salva, meus parabéns😘 



E unha sorpresiña final😍
Aquí temos a Lidia contando o conto da gata Benita 
moitísisisisimo mellor ca no vídeo que puxen eu!
Meus parabéns, campioa😘







Eric retratou á gatiña Benita no xardín :)
Moi bonito, Eric, meus parabéns😘




Micaelameus parabéns😘
Que debuxo máis chulo!


25 de maio de 2020

A chamada de África 🌍♫

Aquí tendes unha pequena selección de
 cancións do continente africano :D

Podedes buscar algunha outra canción ou baile
que vos guste e mandalo ao blog.

♫ Espero que vos gusten ♫♫

1.Mami Wata lololo
(esta xa a coñecedes :)



2.Ediké diké cha la la



3.Masaka kids




3.A canción de berce "Makun"




            4.Ayo Ayo

                
                 

5.O abecedario árabe


                                       

     6.Mbuji tsha


                 

7.Olelé moliba makasi



                     8.Achmicha Lalla


9. Koloi


Micaela e mais David abraiados polo baile
 destes nen@s african@s!
Que ritmo teñen, verdade!



Que sorpreeeesa :D
Mirade que baile fixo Marina😍
Esa canción xa a coñecedes de memoria😊





23 de maio de 2020

Sofi G. ten un notición😍


Sofi G. xa non é a mesma 
que antes do confinamento, equipo.
Non, non, non...

Agora é unha SUPERIRMÁ maior😃😃👏👏

E quere presentarvos ao seu irmán Diego!
Mirade que cousiña😍


Meus parabéns, pequecha!
Sei que serás a mellor irmá do mundo para Diego💙
Dentro de 3 aniños terémolo connosco
xogando polo Cabanas :D

Benvido, Diego!😘


21 de maio de 2020

Memorizando en CASTELÁN

Pois en marcha! Poñendo en forma a vosa memoria! Agora tócalle ao hemisferio esquerdo traballar un pouquiño!



Aquí temos ao primeiro exercitando a súa mente. 
SALVA, es un campión!
Grazas por mandar o vídeo e demostrar que tes unha memoria estupenda! 


SAÍNZA anímase a memorizar un poema :D
Con xestos e todo! Moi ben! A que así é moito máis doado lembrarse das palabras?
Es unha campioa!



Pero buenoooo, aquí temos a PABLO. Que alegría verte! 
E que ben recitas! Xa vexo que ti tamén tes unha memoria estupenda. Grazas por mandar o vídeo e espero que me mandes moitos máis :) Meus parabéns!



Aquí temos por 2º vez consecutiva á campioa SAÍNZA coa súa privilexiada memoria levantando pesas co hemisferio esquerdoSi, Señora! 
Bo traballo, pequecha! E grazas por mandar o vídeo :)



Ola ARANTXA, que alegría verte por aquí :D
Moi ben! Que gran memoria! E que rapidez!
Meus parabéns ao teu hemisferio esquerdo, nótase que fixo moitas pesas! 
Moitísimas grazas por mandar o vídeo :)



O campión SALVA volve á carga cun novo combate! Esta vez de pesos pesados e por partida dobre! Neste utiliza obxectos para recitar! E que velocidade! 
Moi boa idea, Salva :D Meus parabéns por esa memoria tan estupenda :D Grazas polos vídeos :)



Que soa o espertador! Ring, riiiing, Ring, riiiiing! MARINA, menos mal que mandaches o vídeo porque estaba durmida! 
Eiquí temos a outra participante no ring da memoria! E con esa alegría, da gusto escoitala :D
Graciñas polo vídeo :)



Cada vez temos máis participantes nos combates de memoria :D Imos ter que facer un torneo! Aquí temos a MARTÍN co seu gran oso demostrando que é un magnífico adversario!
Meus parabéns ao noso monito favorito :D 
e moitas grazas polo vídeo :) 



Memoria e don de artista! Que versión máis orixinal! Moi boa idea, SOFI E.! Con moito ritmo e moita rima. Din que a música nunca se esquece, así que foi un truco xenial para memorizar o teu poema. Felicidades e graciñas polo vídeo :)



Soa de novo a campá no Ring da Poesía!
Esta vez o noso participante é Leo C. demostrando 
a súa forza memorística!
Está fenomenal :D Non serás ti o dragón no edredón? Moitas grazas por mandar o vídeo e moitos biquiños para ti tamén :)


Carmela, outra boxeadora memorística de primeira! O listón está moi alto e cada vez sodes máis en demostrar que tendes unhas mentes brillantes :D
Meus parabéns e moitísimas grazas por mandar o vídeo. Moitos bicos para ti tamén :)




"A vida do grilo, de día fame, e de noite ruído"
"A vida do grilo, de día fame, e de noite moito frío"

Marina, sabes como fan o "cri-cri" os grilos?
Sabías que só poden facelo os machos?
Moitas grazas por seguir mandando vídeos, encántame ver o ben que estás e o ben que o estás a facer. 
E gústame moitísimo a túa almofada :D 
Meus parabéns, estás feita toda unha profesional :D



Aquí tendes un par de vídeos para que descubrades cal é o segredo do famoso canto do "CRI-CRI"





Aquí temos outro estupendo "CRI-CRI"
Moi ben, Xoel! Que gran memoria tes!
Moitísimas grazas por mandarme todos estes vídeos, alégrame moito escoitarte :D
Meus parabéns, campión!



Pois si que hai "CRI-CRIS" hoxe!
Micaela e a súa barbie tamén se animaron a facer o canto do grilo, e que ben o fixeron!
Meus parabéns a ti e a túa gran memoria :D
Moitas grazas polo vídeo, artista!



Mirade que envía Martín :D

Mensaxe de Martín: 
"Miña nai enseñoume a quitar grilos do seu fogar, e tamen sei que o ruido fanno os machos para atraer as féminas. Ese ruido fanno coas ás anteriores e as patas posteriores"



Que pasada, verdade? 

Martín, mil grazas polo vídeo, seguro que os teus compis desfrutan tanto coma min :D

Tres tristes tigres...🐅😢🐅😢🐅😢
Imos aló con este vídeo de Sofi E. que está xenial e que é moi divertido :D Moitas grazas por mandar os vídeos e felicidades porque á terceira foi a vencida😂!


Xa temos 6 tristes tigres, os de Sofi E. e os de Brais :D
🐅😢🐅😢🐅😢🐅😢🐅😢🐅😢
Que alegría teño de poder verte e escoitarte, Brais :D
O teu trabalinguas está perfecto! Grazas :D
Meus parabéns, campión!


Eduuuuu, benvido ao blog :D
Que contenta estou de verte :D
Deixáchesme impresionada, que ben recitaches!
Seguro que Mario tivo algo que ver :)
Moitísimas grazas por mandar o vídeo, es un fenómeno!



Brrrrrrr que frío fai!
Aquí temos a proba do frío que vai hoxe!
Todas as poesías levan BR!

Moi ben, equipo😘😘

Saínza



Xoel




Marina


Lidia

😂😂😂 tes que traer esa cama elástica para a
 nosa aula! Así me gusta, recitando e facendo
 exercicio! Traballando co corpo e co cerebro!


Moi ben, Saínza :D

Así que Verónica non quere nin herba nin verduras! 
Xa sabedes que temos que comelas todos os días! 
A herba mellor non😁, pero as verduras si😋
Haberá que mercarlle uns espárragos tenros
á vaquiña Verónica, logo!

 

Este Quique larpeiro!
Vexo que esta vez deixaches a cama elástica
para seguir co ximnasio cerebral💪
Meus parabéns, Lidia :D




Con raqueta🎾 e todo! Xenial, Saínza :D
Xa estás preparada para afastar aos mosquitos!



Pero por se non funciona coa raqueta, aquí deixo
unhas receitas antimosquitos que nunca fallan!


Que ben :D 
Xoel tamén animouse a recitar o poema de Quique😃👏👏 
O mosquito lambón!