Xa están chegando as primeiras fiestras :D
Mirade que chula! Que traballiño pasaches, Arantxa :D Está xenial, pero o máis bonito de todo é o teu gran sorriso :D
Lara :D, puxécheslle unhas cortinas á fiestra :D Que orixinal! Así que queres ir ao parque?
Xa falta menos para que poidades ir, hai que esperar un pouquiño máis💪
Que alegría, Carmela :D Así que ti tamén botas moito de menos o parque! Seguro que tod@s estades desexando ir, non?
Mateo ten unha fiestra máxica chulísima e un dente menos :D Estás guapísimo! Pasou Pérez pola túa casiña?
Xoel quere ver aos seus avós :D
Cantos de vós botades de menos aos avós?
Salva bótavos de menos e ao cole tamén :D
Sofi G. fixo unha caixiña na que vai metendo TODO o que quere facer cando remate este confinamento. Que gran idea, Sofi :)
Xa pasaron tres semaniñas e
non podo estar máis orgullosa de vós.
Está todo o equipo en FANTÁSTICO!
Estades aguantando as ganas de saír coma campións e campioas e por iso ides ter unha semaniña de descanso sen facer tarefas. Só quero que fagades dúas cousiñas de nada.
A primeira cousa que me gustaría que fixerades é que pechedes ben ben forte os ollos e vos imaxinedes con todos os vosos sentidos (e sen sentidiño), unha GRAAAN ventá máxica☆
Esa ventá, será unha ventá moi especial porque todas as vosas arelas estarán alí dentro, calquera cousa, calquera desexo e calquera soño. Abríndoa, todo será posible!
Podedes pensar en todo o que botades de menos facer,
ver, ulir, oír ou sentir, e logo debuxaredes ou escribiredes, dentro do voso marco,
todo o que hai
Podedes pensar en todo o que botades de menos facer,
ver, ulir, oír ou sentir, e logo debuxaredes ou escribiredes, dentro do voso marco,
todo o que hai
a través dese cristal máxico.
Valen todas as formas e tamaños.
Valen todas as formas e tamaños.
A segunda cousa que quero que fagades durante esta Semana Santa... é ben fácil, quero que sorriades CADA DÍA e que desfrutedes aínda máis da vosa familia☆
Trato feito?
SI acepto este trato Carol
ResponderEliminarMuy bien, Saínza! Seguro que nos sorprendes a todxs! Biquiños para ti
ResponderEliminar