25 de novembro de 2019

25 de novembro - NON á violencia de xénero!

NON á violencia de xénero!

Hoxe puxémonos na pel da persoa que maltrata e na pel da persoa maltratada. Ao principio non sabiamos moi ben o que tiñamos que facer e dábanos a risa. Logo, descubrimos que non foi nada doado interpretar eses roles porque chegamos a sentir a rabia, pero sobre todo o medo e a tristeza que sinten as mulleres maltratadas.

Na  hora de ler tamén tivemos a sorte de recibir a dúas convidadas de sexto curso, Sara e Julia, que nos contaron unha historia sobre a violencia.

Definitivamente, NON á violencia de xénero!