13 de xuño de 2020

Esta vai de plantas 🌳🌳

Bo día!

Xa sodes moit@s os que me comentastes que estabades a plantar algunha que outra semente, así que nesta páxina iremos publicando as vosas plantiñas 🌳🌳, que vos parece? 


Aquí temos á primeira xardineira, Sofi E, que plantou de todo! Plantou sementes de leituga, herbas aromáticas, tomates e incluso fresas!! Mirade! 
Sofi, vainos contando como van medrando!



Que catro cousas precisaban as plantas para medrar fortes e bonitas?



Aquí está o voso Camaleón favorito recordándovos as partes da planta:


 Algúns incluso din que lles gusta escoitar música! Haberá que investigar cal é a súa canción favorita!

Es cierto que las plantas crecen mejor con música? - UstedPregunta

Marcos tamén plantou cousiñas na súa finca, pero antes tivo que facer limpeza e quitar toda a mala herba, 
e sabedes que atopou?? Unha leituguiña do ano pasado :D
Marcos, tes unha vista de aguia!
E aquí está a leituga rescatada e o seu heroe :) Esperamos máis fotos do teu horto :D



Sumamos expertos e expertas en xardinaría :D 
Aquí podemos ver como Saínza vaille quitando os chupóns as súas tomateiras. E ben bonitas que están!



Lembrades que a auga/o zume vai viaxando por toda a planta polo talo e as follas comezando polas raíces?
Pois para que alimente ben as partes que van dar froito, temos que quitarlle esas folliñas larpeiras porque chupan demasiado zume e non deixan que a planta medre todo o ben que pode!

Estupendo, Saínza! Un día voute levar para casa para que me axudes coas miñas plantas :D


Aquí temos a outra xardineira profesional con rastrillo e todo! 
Moi ben, Arantxa, así me gusta que axudes na finca para comer cousas ricas plantadas por ti mesma :D


Mirade como medran as cabaciñas de Marcos :D





Mirade :D fai unha semaniña Leo C. animouse a plantar unhas sementes despois de ver este vídeo. Plantou un pouco de todo, pero de momento as tomateiras xa asomaron o nariz :D


Esta semana Salva e Raúl tamén decidiron plantar.
Prepararon o testo, a terra e por último colocaron os bulbos das flores. Seguro que serán preciosas!


E unhas semaniñas máis tarde...
Incrible, é coma maxia😃👏👏🌱 
Xa falta menos para que saian as flores😊


Lembrades as plantas de cabaciña de Marcos?
Mirade como medraron! Están enormes!
Pronto poderá cociñar a receita do Turlupizzá de Saínza :D
Marcos, estás feito un xardineiro de 10!


E incluso ten tomateira de cherry e futuros feixóns!
Que alta está! Como siga así poderás 
trepar por ela ata as nubes!




A canción de Xanciño e os fabóns máxicos




Ningún comentario:

Publicar un comentario