16 de xuño de 2020

🍊🌻🌿A Festa dos Maios🌿🌻🍊


Equipo! Xa estamos en maio!
🌿🌿🌲🌻🍊🌿🌻🍊🌿

Esta semana propóñovos que investiguedes
 un pouco sobre esta festa.
Ao longo da semana irei poñendo algunhas actividades
 na aula virtual para que cando chegue o venres
 poidades construír o voso propio maio :D 

Ide pensando no voso modelo😃👏👏


A profe Leo ten uns exemplos chulísimos no seu blog :D Botádelle un ollo👀

🌿🌿🌲🌻🍊🌿🌻🍊🌿
Xa empezan a chegar cousiñas 👏👏




Fiúncho, fiunchiño :D
Mirade que atopou Saínza!
A que ole moi ben?
Pero isto non remata aquí..seguide mirando👀



Tamén atopou xestas!!
E aínda hai máis!! Mirade o vídeo ata o final 
porque é moooooi gracioso😂😂😂😂😂


Saínza, que pulmóns! Moi ben, así era como facían 
as grilandas de ovos para decorar os maios🌲.  
Moitísimas grazas polos vídeos, a ti e a túa familia :D 
Moito rin😂
Seguro que onte pasaches unha tarde estupenda. 
Baleirar un ovo non é sempre doado! 
Atrévese alguén máis?


🌿🌿RETO🌿🌿

Rétovos a tod@s a que me mandedes un vídeo 
baleirando un ovo😂😂😂
Seredes capaces de facelo?? Ánimo👏👏!!



Primeira copla para os nosos maios!



Leo C., encántame! Es un crack!

E aquí temos a nosa segunda copla feita por Brais :D e ben bonita que é! Meus parabéns, Brais!



Xoel, pero que maio máis boniiito :D
Meus parabéns, campión! 
E que sorte ter unha axudanta coma Andrea :D 
Aquí tendes todo o proceso da obra :D





 Que beeeen :D, aquí temos a outra atrevida!
Reto en marchaaaa!
Marina, deixaches o niño sen ovos!😂😂😂



Seguimos cunha copla de Salva.
Bo traballo, campión! Está moi ben!
Con ritmo e todo :D 
Formades un gran dúo ti e mais Raúl :D






Mirade que maio fixo Arantxa con axuda de Alba!
 Un maio móbil :D Unha preciosidade! Meus parabéns, chicas!
Aquí tendes fotos do proceso de construción:




Reto, reto, reto :D 👏👏
Martín, pero ti naciches para baleirar ovos ou que?
Que velocidade, que control!
E Nadia que ben o fai tamén :D
Mirade!


Brais, que ben o fixeches!
Este debuxo é unha marabilla :D
Non esqueciches nin un detalle, está xenial!
Moi bo traballo :D


Seguimos cos maios!
Aquí temos aos de Zoe e Leo C. :D
Mira que sodes creativ@s, eh!
Preciosos os dous :D Moitas felicidades, equipo!

 

Agora toca un maio, unhas coplas con coros e música! :D 
O pack completo :D 👏👏
Aquí vai o vídeo e as fotos de todo o proceso. 
Un gran traballo de equipo, Saínza! Quedou chulísimo :D





Salva creou unha copla, pero tamén fixo 
un precioso maio con todo tipo de flores :D 
Meus parabéns para toda a familia, quedou estupendo:D






Chega outro pack ao noso blog. Un maio moi colorido e unha copla sobre gatiños interpretada pola cantante Marina :D
Fixeches unha grilanda de ovos pintados!!👏👏:D
Quedou todo fantástico, bo traballo! Aquí van algunhas fotos, un vídeo e acción! :D


  


Moi ben, Eric! Encántame o teu maio, non lle falta ningún detalle! Ata ten a cruz de flores na punta coma os maios tradicionais! Meus parabéns :D 



Alaaa, que maio máis orixinal e máis moderno :D 
Cantas cousiñas lle puxeches! 
É moooi bonito, Micaela :D
Meus parabéns!



Así que o teu maio vai moito á de Rosa!
Dille que non pode beber tanto, anda😂😂!!
Fenomenal, Arantxa :D 
Gustoume moitísimo a túa cantiga :D



Mirade que sorpresa temos por aquí!!
Benvida ao blog, Lidia :D
Que alegría teño de poder verte e escoitarte :D
Fixeches un gran traballo! 
Encantoume o teu vídeo, a túa copla e o teu maio! Todiño!
Moitas grazas por compartilo connosco :D Meus parabéns!


 
Mateo, que maio máis chulo :D
Que montaxe máis bonita fixeches, leva de todo! Bo traballo!
E a túa copla e o teu debuxo están xenial!
Grazas por mandarnos as fotos, meus parabéns!





RETOOOOOO 😃👏👏👏👏

Temos a outro concursante atrevido enfrontándose á gran misión de baleirar un ovo! Leo P.!
Logrará sacar a clara e a xema do ovo sen estoupalo? 
Mirade, mirade!


Ten tanta forza nos pulmóns que xusto ao final o ovo
 non puido aguantar toda esa presión!
Pero mirade o seguinte vídeo!



Moi ben, Leo! E moitísimas grazas por mandar os vídeos :D


Ningún comentario:

Publicar un comentario