16 de xaneiro de 2020

Visita á Biblioteca Pública de Pontevedra

Hoxe visitamos a Biblioteca Pública de Pontevedra da man de Rocío. Explicounos cada un dos seus recunchos, onde están as novidades, as películas, os cómics, os libros de consulta,... e tamén contounos a historia de Max, un neno incomprendido e rebelde que despois de facer algunha que outra falcatruada, a nai castígao na súa habitación... a cal acaba transformándose nunha selva.

E grazas a esta incrible historia, agora sabemos que os monstros só habitan na nosa IMAXINACIÓN :D