30 de abril de 2020

Feliz día d@s traballador@s

1 de maio

Grazas polo voso labor e por todo o traballo e os esforzos 
que estades a facer entre TOD@S.
Nais, pais, nenos, nenas, avós, avoas,...

 TOD@S

Sen vós isto non sería posible, graciñas de corazón💚


Desexo que tod@s desfrutedes moitísimo destes 4 días sen tarefas e das vosas saídas á rúa, pero con moito coidadiño.

E quen queira mandar fotiños para o blog dos seus paseos, estarei encantada de recibilas :)

Unha aperta para tod@s😘


Experimentando na casa 🏠🏠🏠

Aprendendo durante a clase de matemáticas :D
Que crack, Eric! E mira que bo modelo tes que non se move nin un pelo. Xa o traeremos á nosa aula cando teñamos que medir :D
Gustáronme moitísimo os teus vídeos.
Aquí vai unha de palmos e unha de pés!



                                                                    


De cociñeir@s a científic@s artistas :D 
Aquí temos a Zoe e a Leo C. experimentando con auga. Que debuxos máis chulos fixestes! Gustouvos a experiencia? Impresionante o do vaso! Saíu á primeira? 
E por que non cae a auga? Non seredes magos?
Formades un gran equipo, grazas polos vídeos :)



                                         
  
Aquí chega outro experimento con auga, bicarbonato e moita escuma! Martín, que ben o pasas na finca, eh! Encántame o resultado desta mestura :D
Quen dixo que non había volcáns en Pontevedra? Mirade!



E se o volcán fora pouco, Martín fixo outro experimento con auga. Esta vez cun vaso e un corcho. Mirade como desaparece a auga dentro do vaso! É alucinante :D Sabedes cal é a razón?  Meus parabéns e grazas polos vídeos :)



Leo Pintor tamén decidiu darlle un toque especial as súas creacións artísticas cun novo método. 
Xa non mete o pincel na auga, senón que agora mete directamente a súa obra na AUGA! O resultado é asombroso! Tamén volve a utilizar un código secreto! Xa temos máis pistas para resolver o enigma dos números dos seus barcos :D   
Meus parabéns e moitísimas grazas polo vídeo :)



Esta vez Leo C. experimenta co AIRE.
Vaste converter nun científico de primeira como sigas así :D
Quedouche chulísimo! Está xenial :D



Chegan máis cataventos por aquí :D
E ademais chulísimos! Cantas cores, Lara!
Probaches se funcionaba co vento? Seguro que si! 
E para onde apuntaba? 
Moitas grazas por mandarme a foto e experimentar co AIRE :D


 

Que ben :D, Leo C. continúa experimentando con AUGA. 
Xa é todo un experto! 
Fixo a bolsiña do ciclo da auga e mandoume tres fotos: unha do primeiro día, outra do segundo e a derradeira é do terceiro día. Non fixo moito sol estes días, pero aínda así podemos ver claramente o vapor e as gotiñas de auga que se crearon na parte superior. Vedes o resultado?

 





Agora toca outra sorpresa con AIRE :D Esta vez Carmela fixo un experimento que ademais de interesante é moi divertido porque podemos xogar con el: UN COCHE AUTOPROPULSADO🚗
E que rápido vai!! Espero que o pasaras moi ben montando o teu coche e inchando o globo :D




Martín levaba tempo pedindo outro irmán.. e como tiña moita présa, decidiu facelo el mesmo!
😃😂😂👏👏 Martíiiiiin, encántame o teu novo irmán! Que nome lle puxeches? Cantos anos ten? Vai vir ao cole con nós?
Meus parabéns porque está xenial!


Déchesme unha idea!!😃 Vou construír outra profe para que me axude co ordenador😂😂


Outro experimento que funciona con AIRE :D
Que catavento máis chulo, Mateo!
Funciona? Probaches se viraba co vento?
Moitísimas grazas pola foto, está xenial :D







A cebra Camila

Hoxe toca conto en galego "A cebra Camila"


Gustouvos? Cantos agasallos lle fixeron, verdade!

Pois aquí van chegando uns debuxos preciosos desta cebra que xa estaba un pouco fartiña dos seus tirantes e do seu cueiro e decidiu marchar sen facerlle caso aos consellos da súa nai!

Saínza


Xoel


Lara


Sofi G.


Leo C.


Arantxa


Sofi E.



Micaela



Marcos



Mateo



Salva


Presentacións dos días da SEMANA 🔆

Q alegríiiiia :D

Xa temos o primeiro vídeo de presentación :D

Moitísimas grazas, Marina, foi un pracer verte e escoitarte :D

Engadirei nesta entrada, todos os vídeos dos que se animen a facer unha presentación de calquera día destas semanas. 


Luns 23 de marzo MARINA

Martes 24 de marzo: MARTÍN
Fantástico, Martín! Moitísimas grazas polo teu vídeo! Estou moi contenta de verte :D 
Así me gusta, que vos animedes a seguir presentando os días da semana :D


Xoves 26 de marzo: SOFI E.
Sofiiiiii :D Que alegría verte!! E encantada de coñecer a túa axudante Lady!! Mil grazas polo teu vídeo :D


Martes 31 de marzo: SAÍNZA
Estou contentísima de poder verte :D 
Xa estamos en ABRIL!
Esta era unha data ben difícil porque tiña cambio de mes, pero fixéchelo mooooi ben!
Graciñas polo teu vídeo :D




Xoves 30 de abril: leo C.
Mañá comeza o mes de maio, equipo!
Aquí temos a Leo C. presentando o día de hoxe. Fixéchelo perfecto! Si, señor! Graciñas por mandar o vídeo :D





28 de abril de 2020

Fiestras MÁXICAS☆


Xa están chegando as primeiras fiestras :D

Mirade que chula! Que traballiño pasaches, Arantxa :D Está xenial, pero o máis bonito de todo é o teu gran sorriso :D



Lara :D, puxécheslle unhas cortinas á fiestra :D Que orixinal! Así que queres ir ao parque?
Xa falta menos para que poidades ir, hai que esperar un pouquiño máis💪


Que alegría, Carmela :D Así que ti tamén  botas moito de menos o parque! Seguro que tod@s estades desexando ir, non?


Mateo ten unha fiestra máxica chulísima e un dente menos :D Estás guapísimo! Pasou Pérez pola túa casiña?


Xoel quere ver aos seus avós :D
Cantos de vós botades de menos aos avós?


Salva bótavos de menos e ao cole tamén :D


Sofi G. fixo unha caixiña na que vai metendo TODO o que quere facer cando remate este confinamento. Que gran idea, Sofi :)


Xa pasaron tres semaniñas e 
non podo estar máis orgullosa de vós.
Está todo o equipo en FANTÁSTICO!
Estades aguantando as ganas de saír coma campións e campioas e por iso ides ter unha semaniña de descanso sen facer tarefas. Só quero que fagades dúas cousiñas de nada.

A primeira cousa que me gustaría que fixerades é que pechedes ben ben forte os ollos e vos imaxinedes con todos os vosos sentidos (e sen sentidiño), unha GRAAAN ventá máxica☆


Esa ventá, será unha ventá moi especial porque todas as vosas arelas estarán alí dentro, calquera cousa, calquera desexo e calquera soño. Abríndoa, todo será posible
 Podedes pensar en todo o que botades de menos facer, 
ver, ulir, oír ou sentir, e logo debuxaredes ou escribiredes, dentro do voso marco, 
todo o que hai
a través dese cristal máxico
Valen todas as formas e tamaños. 

A segunda cousa que quero que fagades durante esta Semana Santa... é ben fácil, quero que sorriades CADA DÍA e que desfrutedes aínda máis da vosa familia☆ 

Trato feito?



27 de abril de 2020

@s grandes artistas deste 3º Trimestre

Xa temos moitísimas fotos na outra entrada, así que abrín este apartado para ir poñendo todas as marabillosas obras que mandaredes durante o 3° trimestre. 
Artistas que sodes! 

Quen adiviña a persoa que fixo este precioso debuxo? 
Queredes unha pista? 

..... Encántanlle os cabalos .....
Quen será?



Aquí temos a Leo P. 
P. de PINTOR! 
Teño curiosidade por saber de que serán eses números? 35 e 72, será un código secreto para chegar a algunha illa máxica?
Preciosa pintura, Leo Pintor!



Temos aquí a outro pintor, o pintor Mateo. Vexo que ti tamén estás usando o pincel na casa! Paréceme unha gran idea. A que é divertido? Estou moi impresionada cos vosos resultados. Cando cheguemos ao cole, teredes que ensinarme a pintar así de BEN!



Esta non é unha pintura, pero é unha obra de arte!! 
E ten nome propio! "💚Salchichas corazón💚"
Marcos, estás feito todo un artista! Vouche roubar a receita para sorprender aos meus convidad@s :P



Outra obra de arte! Merenda recén saída do forno :P 
MmmmMMMmMM, Que boa pinta ten, Marcos!
Estás feito un chef de primeira! Meus parabéns! 
Fas entregas a domicilio?


Mirade que boa pinta ten este pan! 😋
Parece feito por unha panadeira profesional a que si? 
Isto non pode ser outra cousa que unha obra de arte feita por unha gran artista! Quen será?


Pois para que comprobedes e vexades á artista en cuestión coas mans na masa, aquí tendes a proba de que está feito por ela :)
Estou desexando probar todas as vosas delicias😋
Meus parabéns, chef Carmela!


Marcos rematou o seu pitiño :D
🐣🐤🐥



Fotiños e vídeos que mandades ao blog, GRAZAS 😍

O primeiro en mandar unha foto :D
Moitísimas grazas, Xoel! É precioso! Encántame :D
Recibe unha aperta moooi grande😚


Aquí temos a toda unha especialista! Mirade que ben o faaaai :D
Moitas grazas por animarte a facer un vídeo, Mica! Meus parabéns :D
Un bico enorme😚


Eriiiiiiic :D Que concentrado estás! E canto traballas!! Estou contentísima de poder verte e de saber que estás facendo as tarefas. Ánimo, Eric! Biquiños para ti😚



Este gran futbolista xa ten 7 anos!
E mirade que diploma tan chulo!
Mándoche unha aperta ben grande😚



Aquí temos a un novo futuro alumno e a súa superirmá :) O lenzo máis bonito do muuuundo😍 Grazas por compartir connosco esta preciosa foto. Unha aperta enorme, Sofi😚


Leeeeo :D
Estou contentísima de verte :) Vexo que fas unha chea de cousas! O teu debuxo é precioso! Moitas grazas por mandarme estas fotos tan chulas. Un bico enorme para ti😚



Aproveitando os raios do sol :D
Saínza, xa nos ensinarás o resultado dese debuxo tan bonito que estás facendo.
Que alegría verte :) Biquiños para ti😚


Xa temos resultado finaaaaal :D
Que preciosidade, Saínza!! Estás feita toda unha artista😍! E o mellor de todo é que desfrutaras pintando :) Bicos😚

             




Aquí temos outro precioso arco da vella :D
TODO IRÁ BEN, claro que si!
Salva, grazas por compartilo connosco. Vexo que estás traballando un montón! Bicos😚



Dende as profundidades dos océanos, chega MATEO cunha gran demostración dalgúns animais mariños. E non podía faltar o noso NARVAL!
Está xenial, un bico grande para ti😚 


Que alegría verte por aquí, Leo P :D
Vexo que ti tamén estás facendo as tarefas e pintando un montón! Que pintura tan bonita!
Unha aperta para ti😚



Aquí tamén temos a Sofi E. traballando moito e mesmo lendo no patio :) Que alegría saber que podes desfrutar do aire fresquiño. Unha chea de bicos para ti 😚



Este é un libro que trata dun val cheo de neve e dunha amizade moi especial entre unha nena chamada Tania e un señor maior chamado Gunnvald. Lembrades o que era un val? Alégrome moito de que desfrutaras coa lectura, Carmela. É un libro ben bonito e con moitas aventuriñas. Un bico e grazas pola foto😚


Pero que concentradiña estás, Micaela :D
Díxome mamá que che gusta escribir co ordenador e que estes días aprendiches un montón! Alégrome moitísimo :D 
Moitas grazas polas fotos e un besiño😚