28 de marzo de 2020

💚💚 SODES @s MELLORES 💚💚

💚Penso en vós cada día💚


Estou orgullosísima de todo o esforzo que estades a facer nas vosas casas e bótovos moito moitíiiisimo de menos.

Pero sabedes que? 

Pois que estou moi tranquila porque sei que teño ao mellor equipo do mundo MUNDIAL!! Sei que sodes uns campións e campioas e que xuntiñ@s lograremos todo o que nos propoñamos. 

XA CASE É A HORA!! Vou apagar rapidamente o ordenador porque xa son case as 6 en punto e teño que saír a aplaudir BEN FORTE!!! (lembrade a cima da montaña en punta 🕕).

 E esta vez, o meu aplauso será para VÓS.

QUÉROVOS💚MOITÍSIMO



27 de marzo de 2020

Creatividade a "tutiplén"

Aquí podedes mandarme todas as vosas creacións (debuxos, historias, inventos,...) e así todo o equipo de 1ºA poderá desfrutar da vosa creatividade⭐ Animádevos!

A continuación están algúns dos vosos animais imaxinarios, lembrádevos deles? Seres extraordinarios con características sorprendentes! Unha mestura de réptiles, aves, mamíferos, peixes e incluso de anfibios! 

Comezamos co "TIGRODO" de Lidia e Pablo, un ser ovíparo con patas e con pelos detrás das orellas. Come peixe e ten pánico ás alturas, aínda que pode voar!



Seguimos co "OLLOS SALTÓNS" de Lara e Saínza, un animal que ten tres ollos, 8 ás, cola de peixe e unhas mamas moi grandes!




O "REPMAMPEANA" de Mauro e Marcos, un ser veloz, velenoso, que respira na auga e que se alimenta de serpes, elefantes e persoas!!



o "JATILI" de Martín e Carmela, un animal nocturno con ás, patas e escamas. Voa moi alto, trepa, pode respirar baixo o mar e come papagaios! 



O "TARTAPO" de Xoel e Salva, un ser que vive nunha cova, come tomates, ten pico, patas, pelo e respira por pulmóns.



O "SUPERHEROESUPERINCRIBLE" de Arantxa e Sofi E., una animal moi silenciooooso que respira polas orellas e que voa e ten escamas!!  



O "BALCAMUPIde Eric e Moisés, un ser con cabeza de balea, pico, patas, ás e o privilexio de poder voar, nadar e camuflarse!



O "FOCSI" de Marina e  Leo P., un ser nocturno que vive na Antártida e tamén en Venezuela. Cambia de cor, ponse transparente cando pon ovos, trepa, ten ás de cor dourada e convértese nunha bola de pinchos para defenderse!



O "AUTROPLEURAS" de Edu e Sofi G., un animal mamífero que vive no deserto africano e que ten infinitos ollos e cola con pincho. As veces pode poñer ovos e ten a peculiaridade de poder transformarse en calquera outro animal! E só come mazás con miñocas!


O "EQUINACINCAVE" de Brais e Leo C., un ser que fala todos os idiomas! Vive no interior de niños e come tartarugas. Ten unha incrible forza e voa tan alto e tan rápido que é imposible velo. Pode camuflarse e bota raios pola boca!



Sempre gaña a CREATIVIDADE :D
Poñede en marcha ese hemisferio dereito!! :D



Que BEEEEEN :D
Estou emocionada porque xa temos a nosa primeira aportación en "Creatividade a tutiplén"
O primeiro que estrea esta sección é Mauro :D AWTOWTGIAU, un ser monstruosamente GRAAAANDE😲 



24 de marzo de 2020

Bailes e Cancións 🎜🎝🎜🎝

BRAVOOOOOO, MARTÍN!! Xeniaaaaaal, alegráchesnos o día :D 
Es un artista!
Quen se anima a facer o baile do cadrado do profe José-Luis?? 
Esperamos os vosos vídeos :)


Non sabía eu que tiña a tant@s artistas na miña aula :D Sodes uns bailaríns de primeira!! 
Tod@s a bailar para festexar os 7 anos de ERiiiiiiiC :D


O Resham Firiri cruzando fronteiras!
Indra e Akriti estarían orgullosos de ti, Mica (e eu tamén). Formades un gran trío musical, sodes uns artistas!
Faime moitísima ilusión escoitar esta canción 🎜🎝🎜🎝 GRAZAS!



23 de marzo de 2020

Un pouco de RELAX...


TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA eBook: Snel, Eline: Amazon.es ...


Traballar, xogar, bailar, ler e cantar está moi ben, pero de cando en vez... un pouco de relaxación é necesaria para volver á calma :)


El@s xa coñecen dabondo este audio, así que anímovos a que o escoitedes xunt@s para gozar duns minutiños de RELAX en familia.




"Tranquilos y atentos como una rana"


Enlace ao vídeo explicativo do libro:


Preparad@s, list@s, YA! Que comece a semana 2!

Ánimo que comeza a segunda semana en casa!

Todo listo para empezar a traballar un pouco?
Imos comprobar que o teñades todiño:

   1. Bo día e bicos dados?
   2. Cama feita?
   3. Almorzo papado?
   4. Cara, mans e dentes limpos?
   5. Roupa posta?
   6. Pipí feito?
   7. Mesa despexada e ben sentadiñ@s?
   8. Botelliña de auga na mesa?
   9. Estoxo co lapis afiado e libros preparados?
   10. Sorriso na cara?


MOI BEN! Logo, xa podemos poñernos mans á obra :D

Página 4 | libre de regalías suministro escolar fotos descarga ...

E para non perder costumes, podedes ser os encargad@s das vosas casas. Cada día presentaredes o día aos vosos familiares, xa sabedes como é, así que podedes explicarllo a eles.

 - Lembramos darlle ao botón galego
 - Saudamos amablemente :D
 - Hoxe é ..... (día, mes e ano)
 - Onte foi .....
 - Mañá será .....
 - A estación na que nos atopamos
 - E o tempo que fai hoxe (fenómenos e temperatura)

E para os que se animen a gravar un vídeo presentando o día de hoxe ou calquera desta semana, estarei encantada de recibilos :)



22 de marzo de 2020

"CORONAVIRUS no es un príncipe (ni una princesa)"

Un nuevo libro enseña a los niños pautas para combatir la ...

"¿Cómo explicar a los más pequeños la situación que estamos viviendo? ¿Cómo poner en palabras sencillas un momento tan complejo? Esta fue la pregunta que se hizo la periodista segoviana María Coco el pasado viernes, 13 de marzo, cuando se anunció la declaración del estado de alarma."

Aquí tendes o enlace que vai directamente ao libro. Espero que sexa do voso agrado e que gocedes da lectura en familia :)


Canles con bloques educativos

Por si é do voso interese, aquí tendes a programación das diferentes canles que terán un espazo educativo a partir de maña. 

Archivo:TvG2.jpg - Wikipedia, la enciclopedia libre

Por un lado, teredes a Televisión de Galicia emitindo pola súa segunda canle, a G2, un bloque educativo que terá lugar de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 con programas como:

  • “Aquelando tamén quedamos na casa”, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.

  • As clásicas series divulgativas de animación “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. 

  • “Criaturas”, con temas sobre o medio natural e os animais.



E por outro, Clan TV tamén emitirá un bloque educativo de luns a venres para nenos e nenas de todas as idades. O voso horario (nenxs de 6 a 8 anos) sempre será de 9:00 a 10:00 e cada día tratarán un tema diferente. Aquí tendes a programación:

LUNS: Matemáticas 
MARTES: Ciencias Sociais 
MÉRCORES: Educación Artística e Educación Física
XOVES: Lingua e idiomas
VENRES: Ciencias da Natureza 



20 de marzo de 2020

Investigamos o SALMÓN

Ola pequen@s investigador@s,

Para os que investiguedes a vida do salmón, déixovos aquí algúns dos enlaces que publiquei na aula virtual por si queredes facer algunha manualidade, receita ou ver algún debuxo animado sobre a vida do salmón.

Estas son as ideas que me destes na aula para presentar o traballo aos alumnos/as de quinto curso. Aquí tendes as votacións que saíron:

    - Disfrace (9)
    - Baile (9)
    - Conto (5)
    - Teatro (14)
    - Poema (2)       
    - Debuxar un salmón xigante e o seu esqueleto (6)
    - Pancarta (11)
    - Vídeo (9)
    - Canción (7)


   Debuxos animados:

                                      


   Algunha manualidade:




   Algunhas receitas:











Primeira semana superada :)

Bo díiiiiia,

Que tal foi a primeira semana en casa?

Estou segura de que fixestes cousas moi divertidas e moi interesantes. Encantaríame que mo contarades :D 

Dende aquí anímovos a que escribades todo o que queirades a través dos comentarios do noso blog (os libros que lestes, as receitas que cociñastes,...). 

Tamén podedes mandarme fotos ou vídeos curtos saúdando aos vosos compañeiros e compañeiras, contando algunha anécdota, propoñendo ou compartindo algunha actividade ou xogo que esteades a facer, bailando... todo vale! E así compartireino no blog para que todos poidan alegrarse de saber algo de vós.

Sacade o artista que levades dentro! 

As profes agardamos as vosas novas :)



19 de marzo de 2020

A lenda de Sumac e a PRIMAVERA

Cantas palabras poderías escribir 
coas letras da palabra PRIMAVERA?

AVE, RAP... ocorréseche algunha máis? 
Hai unha chea delas!

Escríbeas en castelán ou en galego abaixo en "Publica un comentario".  A ver cantas atopas!




A lenda de Sumac e a primavera

Fai moito, moitísimo tempo, a Terra vivía baixo un inverno interminaaaable. Os montes, os bosques, as chairas e ata os ríos estaban sempre nevados. As xeadas queimaban as sementes e os brotes tenros das plantas nunca podían acabar de xerminar nos prados. Os seres humanos conseguían alimento con moita dificultade. A vida era durísima con esas temperaturas tan baixas!



Un día, un gran guerreiro inca chamado Sumac (o seu nome significaba “bo” en quechua), fartouse de tanto frío e de tanta fame e decidiu marchar para loitar contra a  natureza. 

Pretendía invocar a Inti, o mesmísimo deus do Sol, para dicirlle que quentara a Terra  cun pouco máis de forza porque o seu pobo case estaba conxelado, non medraban as plantas e non podía alimentar nin as súas xentes nin aos animais que habitaban nela.


Daquela marchou, pero non marchou só. Formou un gran grupo cos homes máis fortes e cos mellores exploradores da zona, e emprenderon a súa viaxe cara a cima da montaña máis alta.

O traxecto era moi duro e cada vez máis perigoso. Moitos dos homes que o acompañaban quedábanse atrás do duro que era camiñar con tanto frío e con tanta neve. 

Os poucos que sacaron forzas para seguir percorrendo aqueles empinados e escorregadizos sendeiros, foron sorprendidos de repente por unha terrible tormenta de neve que bloqueou absolutamente todos os camiños que chegaban á cima. Tiñan tanto medo que se quedaron paralizados e asustados berrándolle a Sumac:

- Os deuses non nos queren axudar, Sumac! É un sinal, non queren que sigamos! Temos que abandonar a túa misión, Sumac! Non podemos seguir con esta tormenta!

Pero Sumac non coñecía nin o medo nin o cansazo e seguiu só trepando polas cornixas estreitas e conxeladas ata case tocar o pico máaaais alto da montaña.

Entón, por fin chegou, e cos seus brazos ben estendidos cara ao ceo, invocou ao poderoso deus inca do Sol.  Inspirou e berrou o seu nome con todo o aire que tiña nos pulmóns:

- Intiiiiii, Intiiiiii! Non te agoches , Intiiiii, deus do Sooool!  Por favoooor, aténdeme, ven e devólvelle a vida á nosa Terra , por favooooor, Intiiiii!

Con tanto ruído, Inti espertou do seu profundo descanso, e con gran esforzo, apartou coas súas enoooormes mans, a néboa e todas as nubes  que tapaban o brillo do sol.
Finalmente, todas as nubes escaparon e apareceu, coma por arte de maxia, un inmeeeenso ceo azul. Tan grande que deixou pasar a todos os raios quentiños do sol ata os brotes  que agardaban por el na terra dende facía tantíiiisimo tempo. 

A neve derretida comezou a caer polas ladeiras en forma de auga. Deslizouse ata chegar aos vales que se encheron de froitos de mil cores, e Sumac puido escoitar por vez primeira o asubío de todos os paxaros do mundo.
Nacera a primavera!

Dende entón, a primavera aparece cada ano e esperta a Inti do seu soño invernal para que quente e reparta alegría, luz, sons e mil cores entre todos os seres vivos do noso planeta.



Feliz primavera a todos e a todas. Aínda que non podamos saír das nosas casas, aquí déixovos algunhas ideas para decorar e festexar esta estación como se merece.


Prepara unha merenda diferente, canta, baila, disfrázate, decora as ventás e deseña algunha casiña para paxaros. Podes usar papel, cartolina, cartón, madeira, ou aínda mellor,  usa a túa imaxinación e recicla co que teñas por casa!











Algúns vídeos das flores máis 
sorprendentes do mundo:








10 de marzo de 2020

"O Salón do LIBRO e os meus parabéns para Lara"

"As ilustracións non son debuxiños que adornan o texto, son quen de contar a súa propia historia.

As lecturas, se son compartidas tórnanse máis enriquecedoras e divertidas.

Os contos lidos ou narrados en voz alta dan caloriña ao corazón e arredan o medo e o frío.

A música tamén serve para inventar universos.

E hai moitos mundos que nunca coñeceremos se non nos atrevemos a mergullarnos nas páxinas dos libros."