1 de xuño de 2020

Xogos e mais XOGOS!

Nesta entrada vou ir colgando todos os xogos que me mandedes. Os xogos que máis vos gusten, os xogos que botades de menos, os xogos que creades,... Estou segura de que tanto tempo na casa, serviu para que inventarades algún!

Aquí temos a primeira aportación, un xogo que ademais de servir para aprender moitísimas cousas, ten pinta de ser divertidísimo! Mauro, podes contarnos nos comentarios como funciona e cales son as regras do xogo? 



Porque coa MÚSICA, todo mellora!
Xogando a ser músicos :) Aquí temos á batería a Don David e á guitarra a Dona Micaaaa! Que comece o concerto! Tendes as vosas entradas?



Dende "Casa Cernadas Expósito MasterChef" temos xogando a ser cociñeir@s: a Leo, Zoe e Álex coas mans na masa. Quen ganará o concurso? Fagan as súas apostas!



Un paxariño contoume que Martín é un construtor de primeira!! E era certo!! Mirade que pedazo de cabana montou no salón! Sei que fai moitas cousas alí dentro: merenda, xoga, le, pero sobre todo, pasa momentos inesquecíbeis coa súa nai e mais coa súa irmá pequena. Cabería todo o equipo de primeiro alí dentro, Martín?



Lembrades o superxogo de Mauro
Pois temos unha segunda versión :D 
Este é moi interesante porque trata sobre os animais extintos do noso planeta (quen sabe se hai outros noutros planetas...)!

Mauro, vas ter que explicarnos un pouco máis. Morro de ganas por saber! Seguro que tes que investigar unha chea para crear as túas tarxetas, non?


Algún de vós ten outra idea para crear outra versión deste gran xogo?

O xogo da OCA do profe José-Luis :D 😃👏👏

Martín cóntalles o divertido que é aos teus compis! Alguén máis animouse a xogar? Espero que si 😃😃😊 
Grazas polas fotos :D




A Micaela e a David tamén lles gustou moito o xogo da oca do profe José-Luis! Graciñas polas fotos, Mica :D


  
Esta vez o concurso de cociña segue na casa de Sofi E. Para que será esa masa? Xa sei! Para facer un pikachu xigante :D Dixéronme que estás feita toda unha experta, que fas masa de pizza, iogures e incluso flan😋😋


E mira aquí que ben :D Xogando con Mateo :)
Que parque tan chulo tendes montado :D




E aquí temos aos artistas Micaela e David facendo un teatro con personaxes e todo! Mirade que profesionalidade! 
Micaela mesmo controla a iluminación da sala! 
Estou desexando poder ver algunha das vosas funcións :D


Novo xogo na casa de Eric!
Os avións de papel 😃👏👏✈✈✈
Abrochádevos ben os cintos!
Mirade que rápido van!!


E aquí tendes o novo modelo de avión
que voa igual ca un paxaro!
Animádevos a facer un!




Monta o avión paso a paso





2 comentarios:

  1. O xogo consta de cuatro categorías asociadas a unha cor, vermello matemáticas , verde natureza, laranxa lingua e azul xeografia. O que consiga todas as categorías e cheque a meta gana. Tamén hai tarxetas sorpresa con perigos e premios. Xógase cun dado e fichas de parchís ou tamen figuras pequeñas tipo superzing ou mojipops.

    ResponderEliminar
  2. Que emocionante, Mauro! Ten moi boa pinta e parece moi divertido! Cando voltemos ao cole terás que ensinarnos a xogar :D Se queres podes lanzar algunha pregunta aos teus compis para ver se atopan a resposta correcta. Graciñas pola túa aportación😚

    ResponderEliminar