Ánimo que comeza a segunda semana en casa!
Todo listo para empezar a traballar un pouco?
Imos comprobar que o teñades todiño:
1. Bo día e bicos dados?
2. Cama feita?
3. Almorzo papado?
4. Cara, mans e dentes limpos?
5. Roupa posta?
6. Pipí feito?
7. Mesa despexada e ben sentadiñ@s?
8. Botelliña de auga na mesa?
9. Estoxo co lapis afiado e libros preparados?10. Sorriso na cara?
MOI BEN! Logo, xa podemos poñernos mans á obra :D
E para non perder costumes, podedes ser os encargad@s das vosas casas. Cada día presentaredes o día aos vosos familiares, xa sabedes como é, así que podedes explicarllo a eles.
- Lembramos darlle ao botón galego
- Saudamos amablemente :D
- Hoxe é ..... (día, mes e ano)
- Onte foi .....
- Mañá será .....
- A estación na que nos atopamos
- E o tempo que fai hoxe (fenómenos e temperatura)
E para os que se animen a gravar un vídeo presentando o día de hoxe ou calquera desta semana, estarei encantada de recibilos :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario