27 de marzo de 2020

Creatividade a "tutiplén"

Aquí podedes mandarme todas as vosas creacións (debuxos, historias, inventos,...) e así todo o equipo de 1ºA poderá desfrutar da vosa creatividade⭐ Animádevos!

A continuación están algúns dos vosos animais imaxinarios, lembrádevos deles? Seres extraordinarios con características sorprendentes! Unha mestura de réptiles, aves, mamíferos, peixes e incluso de anfibios! 

Comezamos co "TIGRODO" de Lidia e Pablo, un ser ovíparo con patas e con pelos detrás das orellas. Come peixe e ten pánico ás alturas, aínda que pode voar!



Seguimos co "OLLOS SALTÓNS" de Lara e Saínza, un animal que ten tres ollos, 8 ás, cola de peixe e unhas mamas moi grandes!




O "REPMAMPEANA" de Mauro e Marcos, un ser veloz, velenoso, que respira na auga e que se alimenta de serpes, elefantes e persoas!!



o "JATILI" de Martín e Carmela, un animal nocturno con ás, patas e escamas. Voa moi alto, trepa, pode respirar baixo o mar e come papagaios! 



O "TARTAPO" de Xoel e Salva, un ser que vive nunha cova, come tomates, ten pico, patas, pelo e respira por pulmóns.



O "SUPERHEROESUPERINCRIBLE" de Arantxa e Sofi E., una animal moi silenciooooso que respira polas orellas e que voa e ten escamas!!  



O "BALCAMUPIde Eric e Moisés, un ser con cabeza de balea, pico, patas, ás e o privilexio de poder voar, nadar e camuflarse!



O "FOCSI" de Marina e  Leo P., un ser nocturno que vive na Antártida e tamén en Venezuela. Cambia de cor, ponse transparente cando pon ovos, trepa, ten ás de cor dourada e convértese nunha bola de pinchos para defenderse!



O "AUTROPLEURAS" de Edu e Sofi G., un animal mamífero que vive no deserto africano e que ten infinitos ollos e cola con pincho. As veces pode poñer ovos e ten a peculiaridade de poder transformarse en calquera outro animal! E só come mazás con miñocas!


O "EQUINACINCAVE" de Brais e Leo C., un ser que fala todos os idiomas! Vive no interior de niños e come tartarugas. Ten unha incrible forza e voa tan alto e tan rápido que é imposible velo. Pode camuflarse e bota raios pola boca!



Sempre gaña a CREATIVIDADE :D
Poñede en marcha ese hemisferio dereito!! :D



Que BEEEEEN :D
Estou emocionada porque xa temos a nosa primeira aportación en "Creatividade a tutiplén"
O primeiro que estrea esta sección é Mauro :D AWTOWTGIAU, un ser monstruosamente GRAAAANDE😲 



Ningún comentario:

Publicar un comentario