Por si é do voso interese, aquí tendes a programación das diferentes canles que terán un espazo educativo a partir de maña.
Por un lado, teredes a Televisión de Galicia emitindo pola súa segunda canle, a G2, un bloque educativo que terá lugar de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 con programas como:
- “Aquelando tamén quedamos na casa”, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.
- As clásicas series divulgativas de animación “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos.
- “Criaturas”, con temas sobre o medio natural e os animais.
E por outro, Clan TV tamén emitirá un bloque educativo de luns a venres para nenos e nenas de todas as idades. O voso horario (nenxs de 6 a 8 anos) sempre será de 9:00 a 10:00 e cada día tratarán un tema diferente. Aquí tendes a programación:
LUNS: Matemáticas
MARTES: Ciencias Sociais
MÉRCORES: Educación Artística e Educación Física
XOVES: Lingua e idiomas
VENRES: Ciencias da Natureza
Ningún comentario:
Publicar un comentario