Cantas palabras poderías escribir
coas letras da palabra PRIMAVERA?
coas letras da palabra PRIMAVERA?
AVE, RAP... ocorréseche algunha máis?
Hai unha chea delas!
Hai unha chea delas!
Escríbeas en castelán ou en galego abaixo en "Publica un comentario". A ver cantas atopas!
A lenda de Sumac e a primavera
Fai moito, moitísimo tempo, a Terra vivía baixo un inverno interminaaaable. Os montes, os bosques, as chairas e ata os ríos estaban sempre nevados. As xeadas queimaban as sementes e os brotes tenros das plantas nunca podían acabar de xerminar nos prados. Os seres humanos conseguían alimento con moita dificultade. A vida era durísima con esas temperaturas tan baixas!
Un día, un gran guerreiro inca chamado Sumac (o seu
nome significaba “bo” en quechua), fartouse de tanto frío e de tanta fame e decidiu marchar
para loitar contra a natureza.
Pretendía invocar a Inti, o mesmísimo deus do Sol, para dicirlle que quentara a Terra cun pouco máis de forza porque o seu pobo case estaba conxelado, non medraban as plantas e non podía alimentar nin as súas xentes nin aos animais que habitaban nela.

Daquela marchou, pero non marchou só. Formou un gran grupo cos homes máis fortes
e cos mellores exploradores da zona, e emprenderon a súa viaxe cara a cima da montaña máis alta.
O traxecto era moi duro e cada vez máis perigoso. Moitos dos homes
que o acompañaban quedábanse atrás do duro que era camiñar con tanto frío e con tanta neve.
Os poucos que sacaron forzas para seguir percorrendo aqueles empinados e escorregadizos sendeiros, foron sorprendidos de repente por unha terrible tormenta de neve que bloqueou absolutamente todos os camiños que chegaban á cima. Tiñan tanto medo que se quedaron paralizados e asustados berrándolle a Sumac:

- Os deuses non nos queren axudar, Sumac! É un sinal, non queren que sigamos! Temos que abandonar a túa misión, Sumac! Non podemos seguir con esta tormenta!
Pero Sumac non coñecía nin o medo nin o cansazo e
seguiu só trepando polas cornixas estreitas e conxeladas ata case tocar o pico
máaaais alto da montaña.
Entón, por fin chegou, e cos seus brazos ben estendidos cara ao ceo, invocou ao poderoso deus inca do
Sol. Inspirou e berrou o seu nome con todo o aire que tiña nos pulmóns:
- Intiiiiii, Intiiiiii! Non te agoches , Intiiiii, deus do Sooool! Por favoooor, aténdeme, ven e devólvelle a vida á nosa Terra , por favooooor, Intiiiii!
Con tanto ruído, Inti espertou do seu profundo descanso, e con gran esforzo, apartou coas súas enoooormes mans, a néboa e todas as nubes que tapaban o brillo do sol.
Finalmente, todas as
nubes escaparon e apareceu, coma por arte de maxia, un inmeeeenso ceo azul. Tan grande que deixou pasar a todos os raios quentiños do sol ata os brotes que agardaban por el na terra dende facía tantíiiisimo tempo.
A neve derretida comezou a caer polas ladeiras en forma de auga. Deslizouse ata chegar aos vales que se encheron de froitos de mil cores, e Sumac puido escoitar por vez primeira o asubío de todos os paxaros do mundo.

Nacera a primavera!
Dende entón, a primavera aparece cada ano e esperta a Inti do seu soño invernal para que quente e reparta alegría, luz, sons e mil cores entre todos os seres
vivos do noso planeta.
Feliz primavera a todos e a todas. Aínda que non podamos saír das nosas casas, aquí déixovos algunhas ideas para decorar e festexar esta estación como se merece.
Prepara unha merenda diferente, canta, baila, disfrázate, decora as ventás e deseña algunha casiña para paxaros. Podes usar papel, cartolina, cartón, madeira, ou aínda mellor, usa a túa imaxinación e recicla co que teñas por casa!

Algúns vídeos das flores máis
sorprendentes do mundo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario