27 de abril de 2020

@s grandes artistas deste 3º Trimestre

Xa temos moitísimas fotos na outra entrada, así que abrín este apartado para ir poñendo todas as marabillosas obras que mandaredes durante o 3° trimestre. 
Artistas que sodes! 

Quen adiviña a persoa que fixo este precioso debuxo? 
Queredes unha pista? 

..... Encántanlle os cabalos .....
Quen será?



Aquí temos a Leo P. 
P. de PINTOR! 
Teño curiosidade por saber de que serán eses números? 35 e 72, será un código secreto para chegar a algunha illa máxica?
Preciosa pintura, Leo Pintor!



Temos aquí a outro pintor, o pintor Mateo. Vexo que ti tamén estás usando o pincel na casa! Paréceme unha gran idea. A que é divertido? Estou moi impresionada cos vosos resultados. Cando cheguemos ao cole, teredes que ensinarme a pintar así de BEN!



Esta non é unha pintura, pero é unha obra de arte!! 
E ten nome propio! "💚Salchichas corazón💚"
Marcos, estás feito todo un artista! Vouche roubar a receita para sorprender aos meus convidad@s :P



Outra obra de arte! Merenda recén saída do forno :P 
MmmmMMMmMM, Que boa pinta ten, Marcos!
Estás feito un chef de primeira! Meus parabéns! 
Fas entregas a domicilio?


Mirade que boa pinta ten este pan! 😋
Parece feito por unha panadeira profesional a que si? 
Isto non pode ser outra cousa que unha obra de arte feita por unha gran artista! Quen será?


Pois para que comprobedes e vexades á artista en cuestión coas mans na masa, aquí tendes a proba de que está feito por ela :)
Estou desexando probar todas as vosas delicias😋
Meus parabéns, chef Carmela!


Marcos rematou o seu pitiño :D
🐣🐤🐥



Ningún comentario:

Publicar un comentario