27 de abril de 2020

Fotiños e vídeos que mandades ao blog, GRAZAS 😍

O primeiro en mandar unha foto :D
Moitísimas grazas, Xoel! É precioso! Encántame :D
Recibe unha aperta moooi grande😚


Aquí temos a toda unha especialista! Mirade que ben o faaaai :D
Moitas grazas por animarte a facer un vídeo, Mica! Meus parabéns :D
Un bico enorme😚


Eriiiiiiic :D Que concentrado estás! E canto traballas!! Estou contentísima de poder verte e de saber que estás facendo as tarefas. Ánimo, Eric! Biquiños para ti😚



Este gran futbolista xa ten 7 anos!
E mirade que diploma tan chulo!
Mándoche unha aperta ben grande😚



Aquí temos a un novo futuro alumno e a súa superirmá :) O lenzo máis bonito do muuuundo😍 Grazas por compartir connosco esta preciosa foto. Unha aperta enorme, Sofi😚


Leeeeo :D
Estou contentísima de verte :) Vexo que fas unha chea de cousas! O teu debuxo é precioso! Moitas grazas por mandarme estas fotos tan chulas. Un bico enorme para ti😚



Aproveitando os raios do sol :D
Saínza, xa nos ensinarás o resultado dese debuxo tan bonito que estás facendo.
Que alegría verte :) Biquiños para ti😚


Xa temos resultado finaaaaal :D
Que preciosidade, Saínza!! Estás feita toda unha artista😍! E o mellor de todo é que desfrutaras pintando :) Bicos😚

             




Aquí temos outro precioso arco da vella :D
TODO IRÁ BEN, claro que si!
Salva, grazas por compartilo connosco. Vexo que estás traballando un montón! Bicos😚



Dende as profundidades dos océanos, chega MATEO cunha gran demostración dalgúns animais mariños. E non podía faltar o noso NARVAL!
Está xenial, un bico grande para ti😚 


Que alegría verte por aquí, Leo P :D
Vexo que ti tamén estás facendo as tarefas e pintando un montón! Que pintura tan bonita!
Unha aperta para ti😚



Aquí tamén temos a Sofi E. traballando moito e mesmo lendo no patio :) Que alegría saber que podes desfrutar do aire fresquiño. Unha chea de bicos para ti 😚



Este é un libro que trata dun val cheo de neve e dunha amizade moi especial entre unha nena chamada Tania e un señor maior chamado Gunnvald. Lembrades o que era un val? Alégrome moito de que desfrutaras coa lectura, Carmela. É un libro ben bonito e con moitas aventuriñas. Un bico e grazas pola foto😚


Pero que concentradiña estás, Micaela :D
Díxome mamá que che gusta escribir co ordenador e que estes días aprendiches un montón! Alégrome moitísimo :D 
Moitas grazas polas fotos e un besiño😚




Ningún comentario:

Publicar un comentario