30 de abril de 2020

Experimentando na casa 🏠🏠🏠

Aprendendo durante a clase de matemáticas :D
Que crack, Eric! E mira que bo modelo tes que non se move nin un pelo. Xa o traeremos á nosa aula cando teñamos que medir :D
Gustáronme moitísimo os teus vídeos.
Aquí vai unha de palmos e unha de pés!



                                                                    


De cociñeir@s a científic@s artistas :D 
Aquí temos a Zoe e a Leo C. experimentando con auga. Que debuxos máis chulos fixestes! Gustouvos a experiencia? Impresionante o do vaso! Saíu á primeira? 
E por que non cae a auga? Non seredes magos?
Formades un gran equipo, grazas polos vídeos :)



                                         
  
Aquí chega outro experimento con auga, bicarbonato e moita escuma! Martín, que ben o pasas na finca, eh! Encántame o resultado desta mestura :D
Quen dixo que non había volcáns en Pontevedra? Mirade!



E se o volcán fora pouco, Martín fixo outro experimento con auga. Esta vez cun vaso e un corcho. Mirade como desaparece a auga dentro do vaso! É alucinante :D Sabedes cal é a razón?  Meus parabéns e grazas polos vídeos :)



Leo Pintor tamén decidiu darlle un toque especial as súas creacións artísticas cun novo método. 
Xa non mete o pincel na auga, senón que agora mete directamente a súa obra na AUGA! O resultado é asombroso! Tamén volve a utilizar un código secreto! Xa temos máis pistas para resolver o enigma dos números dos seus barcos :D   
Meus parabéns e moitísimas grazas polo vídeo :)



Esta vez Leo C. experimenta co AIRE.
Vaste converter nun científico de primeira como sigas así :D
Quedouche chulísimo! Está xenial :D



Chegan máis cataventos por aquí :D
E ademais chulísimos! Cantas cores, Lara!
Probaches se funcionaba co vento? Seguro que si! 
E para onde apuntaba? 
Moitas grazas por mandarme a foto e experimentar co AIRE :D


 

Que ben :D, Leo C. continúa experimentando con AUGA. 
Xa é todo un experto! 
Fixo a bolsiña do ciclo da auga e mandoume tres fotos: unha do primeiro día, outra do segundo e a derradeira é do terceiro día. Non fixo moito sol estes días, pero aínda así podemos ver claramente o vapor e as gotiñas de auga que se crearon na parte superior. Vedes o resultado?

 





Agora toca outra sorpresa con AIRE :D Esta vez Carmela fixo un experimento que ademais de interesante é moi divertido porque podemos xogar con el: UN COCHE AUTOPROPULSADO🚗
E que rápido vai!! Espero que o pasaras moi ben montando o teu coche e inchando o globo :D




Martín levaba tempo pedindo outro irmán.. e como tiña moita présa, decidiu facelo el mesmo!
😃😂😂👏👏 Martíiiiiin, encántame o teu novo irmán! Que nome lle puxeches? Cantos anos ten? Vai vir ao cole con nós?
Meus parabéns porque está xenial!


Déchesme unha idea!!😃 Vou construír outra profe para que me axude co ordenador😂😂


Outro experimento que funciona con AIRE :D
Que catavento máis chulo, Mateo!
Funciona? Probaches se viraba co vento?
Moitísimas grazas pola foto, está xenial :D







Ningún comentario:

Publicar un comentario