9 de maio de 2020

🌱Unha de aguacates🌱

Ola pequechos e pequechas,

 Como as nosas plantiñas de aguacate quedaron confinadas no cole e non podemos observar como van medrando, mándovos algunhas fotos das que plantei en casa para que vexades como saíron as raíces e como vai medrando algún que outro talo. Mirade!

Lembrade que o primeiro que fixemos foi pinchar a semente ou óso do aguacate e despois deixámolo apoiado no vaso con auga.


Cando comezan a saír as primeiras raíces podemos deixalo na auga un tempiño ou poñelo directamente na terra coma na foto.




O primeiro aguacate é deste curso, o segundo é do ano pasado e o derradeiro xa ten dous anos. 




Como vedes, con moita paciencia as sementes que plantamos transfórmanse en plantiñas e logo en árbores para poder desfrutar dos seus deliciosos froitos :D
           E volta a empezar :)        Por qué reduje al máximo mi consumo de aguacate - Esmaca
  Mirade, aos aguacates de Sofi G. e de Marcos tamén lles saíron raíces e talo!!🌱🌱


Agora teredes que mimalos moito, regalos, protexelos moito das correntes de aire (non lles gusta nadiña o vento) e incluso cantarlles algunha canción cando se poñan tristes😂         Que ben, Sofi G e Marcos, bo traballo! :D                   


Ningún comentario:

Publicar un comentario