Marcos, que beeen :D
Investigando e ademais practicando co ordenador!
O teu traballo quedou moi bonito. Seguro que tod@s aprenderán un montón coa información que atopaches. Moitas grazas por participar e traballar tanto. Meus parabéns, pequeno explorador :)
Mauro tamén fixo a súa pequena gran investigación.
Vaia traballiño! Está fenomenal e ademais os teus debuxos son precioooosos :D Meus parabéns para ti tamén, Mauro :)
Agora xa saberás cal é a causa maior da desaparición dalgunhas especies. Pensas que podemos facer algo para remedialo?
Traballando en equipo é como mellor se traballa :D
Aquí temos a investigación de Eric feita en familia :)
Que sorte iso de ter unha irmá maior coma Sofi que che faga compañía nas túas investigacións :)
Un gran traballo, equipo! Estou moi orgullosa de vós, meus parabéns aos dous (e a mamá tamén) :)
Meus parabéns, Salva! A túa investigación é moi interesante e ademais é moi completa :D
Aportaches moitas solucións para evitar a extinción dalgunhas especies animais. Oxalá podamos evitar a súa desaparición con estas grandes ideas. Moi ben, Salva!




Que ave tan incrible e tan diferente este hoacín, verdade? :D
Encántame a túa pancarta, Leo C.
Fixeches un traballo de investigación moi claro e ben bonito! Meus parabéns, segue así!
Aquí chega outro animal sorprendente da man de Carmela :D
Esta vez é un anfibio, un enoooooorme anfibio!
Encantoume o teu traballo, es unha excelente investigadora :D
Seguro que sorprendes aos teus compis con esta gran especie!
Moi ben, Carmela :D
Mirade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario